Unidade móbil de inspección técnica de ciclomotores o día 13 de setembro As revisións realizaranse na explanada da Policía Local (barrio da Rocha)

O vindeiro venres 13 de setembro, achegarase a Tomiño unha unidade móbil de inspección técnica de ciclomotores.  Instalarase na explanada diante da Policía Local en horario de .9.00 a 13.30 e de 15.15 a 18.00 horas. A cita pode concertarse a través da páxina web www.sycitv.com, ou ben, no teléfono 902 30 90 00. Aos vehículos que se presenten sen cita, asignaráselles hora de atención directamente na estación móbil, segundo a dispoñibilidade do servizo.