Unha unidade móbil de inspección técnica de maquinaria agrícola chegará a Tomiño no mes de abril O vindeiro día 7 realizarase a revisión na esplanada da Policía Local en horario de mañá e tarde

Unha unidade móbil de inspección técnica periódica de maquinaria agrícola (vehículos sin carga), desprazarase até Tomiño o vindeiro xoves 7 de ABRIL.

As revisións realizaranse na esplanada existente diante da Policía Local (A Rocha, 8. Tomiño), en horario de mañá (9.00 a 13.30 horas) e tarde (15.15 a 18.00 horas).

Así mesmo, o DÍA 26 de ABRIL terá lugar unha ITV de CICLOMOTORES no mesmo lugar e ás mesmas horas.

Para solicitar cita previa, chamar ao número de teléfono 902 309 000 ou facelo a través da páxina web www.sycitv.com no apartado de cita previa.