Despois do éxito das anteriores edicións repetimos a experiencia!
-Técnica vocal
-Actitude escénica
-Repertorio voz solista e agrupacións
-Actuación final
A mocidade participante recibirá formación previa a cargo de Mónica de Nut e realizarse un concerto final; pezas grupais, corais, dúos e individual con voz solista (escollidas por cada persoa e memorizadas a poder ser). Interpretadas a capella, acompañamento gravado, ou acompañadas polo propio alumnado.
Volveremos contar con colaboracións como a de Eva Carrera, goianesa ex OT, moi estimulante e enriquecedora.
O traballo vocal e escénico en grupo e a exposición individual resulta unha ferramenta fantástica para desenvolver as cualidades personais, a autoestima, e a comunicación como sostén da comunidade e apoio mutuo, algo que se ben a consolidar en cada edición do Triunfiño, e que nos enche de ledicia e satisfacción.
Temporalización: 14, 15, 16, 17, 19 de xullo.
Horario: martes, mércores, xoves e venres de 10h a 13.30h. Concerto o domingo ás 11h
Lugar: AUDITOIRO DE GOIÁN.
PREZO: 20,00€
