Verbena piloto 2021

A verbena piloto do próximo 19 de xuño celebrarase no campo de festas do Alivio en horario de 21:00 a 23:00 horas.

 

Para facilitar o proceso, este formulario será o ÚNICO MÉTODO VÁLIDO para rexistrarse, non sendo posible facelo por teléfono ou a través de correo electrónico. É completamente gratuíto, dado que se trata dunha reserva, non dunha compra. Asignarase un número a cada persoa rexistrada, que recibirá por correo electrónico e que deberá empregar para acceder ao recinto.

 

O número máximo de persoas que poderán asistir ao evento será de 1.000. O recinto estará perimetrado e vallado, polo que se prega que as persoas que non estean rexistradas NON ACUDAN AO LUGAR co fin de evitar aglomeracións.

 

No interior do recinto as persoas poderán estar de pé, separadas por grupos de convivintes. Nesta área estará PROHIBIDO comer, beber e fumar. No exterior deste espazo vai estar habilitado un bar no que as persoas poderán consumir sentadas e cumprindo coas medidas de seguridade.

 

Para garantir o debido cumprimento da normativa de prevención do Covid-19 haberá vixilancia e presenza policial.

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

O prazo de inscrición xa rematou.