Videomapping e iniciación á pintura: dúas propostas formativas da OMIX Tomiño para esta primaveira O vindeiro sábado (12 de marzo) o Grupo de Voluntariado organiza unha xornada de adopción de mascotas na Praza do Seixo

A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de Tomiño vén de abrir o prazo de inscripción para as dúas propostas formativas que comezarán no mes de abril, e que son, por unha parte un novidoso obradoiro de Videomapping, e por outra, un curso de iniciación á pintura.

O primeiro terá lugar a fin de semana do 8 e 9 de abril, da man do artista visual navarro Miguel Martínez Caraballo, coa idea de impartir esta nova disciplina sobre a fachada do edificio do Concello. O alumnado asistente participará activamente durante dous intensos días de formación e proxectará sobre a fachada da casa consistorial o videomapping realizado. “Será un espectáculo espectacular”, explica o artista. O taller, cun prezo de 20 euros, celebrarase no salón de plenos, comezando o venres 8 de abril e concluíndo o sábado 9. As clases, serán eses dous días no salón de plenos entre as 19.00 e 21.00 horas, comezando ás 22.00 do sábado o denominado “Evento Videozapping”. A idade mínima para participar é 12 anos e as inscricións poden facerse en https://tomino.gal/obradoiro-de-videomapping/

Por outra banda, a artista Gemma Marqués ditará un curso teórico-práctico de pintura básica para entender a teoría da cor, aprender a mesturar as cores dun xeito rápido e eficaz, facer gamas de cor e así poder crear obras cunha técnica axeitada, fácil e rápida. A data de inicio será o 20 de abril e o horario, mércores de 17.00h a 18.30h. O prezo da actividade é de 15€ e a data de finalización o 11 de maio. A idade mínima para participar é 12 anos e as inscricións poden facerse en https://tomino.gal/curso-basico-de-pintura/

ADEMAIS, o grupo de voluntariado da OMIX organiza o sábado 12 de marzo unha XORNADA DE ADOPCIÓN CANINA E FELINA que terá lugar de 10h a 14h na Praza do Seixo.

Existe a posibilidade de adoptar un animal da protectora ou un gato ou gata procedente de colonias de familias que viven na rúa. Son bebés felinos que o Concello de Tomiño se compromete a castrar de xeito gratuito. Os voluntarios e voluntarias pretenden crear unha listaxe de persoas adoptantes para estes animais.

Ademais, malia que non se adopte, pódese axudar doando comida para cans e gatos, ou material novo ou usado en bo estado que xa non se use (xoguetes, correas, transportín, camiñas, mantas, etc.).