Vila Nova de Cerveira elixido “Municipio do Ano-Norte 2017”, polo seu traballo cooperativo con Tomiño A sesión de presentación dos proxectos seleccionados, celebrouse onte á tarde en Fundão (Portugal)

Vila Nova de Cerveira foi elixidoMunicipio do Ano – Norte 2017 (categoría con menos de 20 mil habitantes), grazas ao seu traballo de cooperación transfronteiriza con Tomiño. Ao galardón postuláronse 116 demandantes, resultando preseleccionados 34, e o proxecto “Agenda de Cooperação Transfronteiriça Amizade Cerveira-Tomiño”, foi distinguido con este recoñecemento sen precedentes, xunto a outros tres concellos.

Un recoñecemento a Cerveira e a Tomiño polo traballo desenvolvido en conxunto en prol do concepto de “desfronteirización”, constituíndose deste xeito como unha referencia na cooperación transfronteiriza Portugal/España.

A sesión pública de presentación dos proxectos seleccionados celebrouse onte á tarde en Fundão (Portugal).

O presidente da Cámara Municipal de Vila Nova de Cerveira, Fernando Nogueira, expresou a súa satisfacción, dando as grazas “a todos que concretizam esta amizade entre dois países e um destino”.

Na mesma liña, manifestouse a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, trasladándolle os parabéns ao seu homólogo cerveirense.

O proxecto de cooperación transfronteiriza foi presentado por Cerveira ao concurso “Municipios do Ano Portugal 2017”, sendo nomeado na categoría “Norte-Menos de 20 mil habitantes”.

Dinamizado pola Universidade do Miño, a través da súa plataforma UN-Cidades, o certame vén a recoñecer as boas prácticas dos municipios portugueses, a través dun proxecto que producise impacto positivo ao nivel do territorio, economía ou sociedade, a partir do 1 de xaneiro de 2015.

Pola forte relación transfronteiriza existente e, consecuente, que repercute na mellora da calidade de vida e da cohesión social das poboacións, Cerveira presentouse a candidatura, dando a coñecer unha dinámica de desenvolvemento sustentábel do territorio sen fronteiras, baseado na explotación conxunta das potencialidades dos recursos comúns, como o río Miño; na preservación e promoción dos seus valores naturais, culturais e etnográficos, e na repartición e optimización dos equipamentos e servizos públicos de utilización colectiva”.

Na fase de selección, o presente proxecto foi ben acollido, sendo nomeado un dos catro municipios da categoría “Norte – Menos de 20.000 habitantes”.