Xeira “O monte Tetón nova lectura: homes, garranos, cervos e cans” é o nome do percorrido de hoxe, organizado polo Concello En primeiro lugar, haberá unha pequena charla no salón de plenos e logo subirase ao monte

Xeira “O monte Tetón nova lectura: homes, garranos, cervos e cans” é o nome do percorrido de hoxe, xoves 1 de agosto, organizado polo Concello.
A saída está prevista para as 20.30h; duración aproximada 3.30h, actividade para todos os públicos, de balde e con inscrición previa na páxina web (tomino.gal). A visita será guiada por Xosé Lois Vilar, do Instituto de Estudos Miñoranos (IEM). En primeiro lugar, haberá unha pequena charla no salón de plenos e, seguidamente, subirase ao monte para ver os petroglifos do Ecoparque Arqueolóxico do Monte Tetón, onde se atopa a maior combinación de circos concéntricos coñecida na arte rupestre mundial. É importante levar roupa e calzado cómodo, algo de abrigo e lanterna.

O ano pasado o Concello realizou, con apoio da Deputación, a modernización e nova sinalización do parque e mellorou a accesibilidade dos xacementos. Ademais, recolleu toda a información sobre estes petroglifos na web do Concello, dentro do apartado “Descubrir Tomiño”.