En colaboración coa Deputación de Pontevedra ofrécese este obradoiro no que as familias compartirán xogos tradicionais e construirán xoguetes cos que xogaban os seus e as súas maiores, o que servirá para dalos a coñecer ás nenas e nenos e, á súa vez, facer un repaso pola historia. Ademais, as e os pequenos terán a oportunidade de ensinarlles ás súas nais e pais, avós e avoas os xoguetes e xogos actuais.
O 1, 15, 22 e 29 de decembro de 10:00 a 14:00 h
A partir de 6 anos
Casa de Cultura
De balde