“ZOG Y LOS DOCTORES VOLADORES” este venres na Praza do Seixo Entradas de balde. É preciso reservar praza chamando ao 986-622001 ou enviando un correo electrónico a cultura@tomino.gal

 Este venres, ás 22.30 horas, temos cine na Praza do Seixo: chegan “ZOG Y LOS DOCTORES VOLADORES”
Calificación: APTA PARA TODOS OS PÚBLICOS e distintivo ESPECIALMENTE RECOMENDADA PARA A INFANCIA.
Cine – Animación.
Xénero: Infantil/Familiar.
Duración: 56 minutos.
Sinopsis: A princesa Perla, o cabaleiro Gadabout e o dragón Zog forman un equipo de doutores do máis entregado. Os tres están decididos a curar a todo tipo de criaturas, desde unha serea coa pel queimada polo sol a un león con gripe. Pero o peor dos enfermos será o rei, tío de Perla, quen desconfía das capacidades da súa sobriña e non acepta que escollera ser médica. Conseguirán os doutores voadores facerse valer ante o rei?
Un conto da creadora de “El caracol y la ballena” e “El Grúfalo”, acompañado de catro historias sobre a liberdade de elección e a  necesidade de coidar a quen queremos.
IMPORTANTE: ENTRADAS DE BALDE. É PRECISO RESERVAR PRAZA chamando ao 986622001 ou enviando un correo cos datos (nome e apelidos, data de nacemento, correo electrónico e teléfono) a cultura@tomino.gal