UN ANO MÁIS, OS IRMÁNS SIERPES, MANTÉNSE NO MÁIS ALTO DO PODIUM NOS CANTÓNS (A CORUÑA) SÚMASE A ELES A MASTER EMILIA RODRÍGUEZ CO 1º POSTO EN VETERANAS

A pasada fin de semana disputouse na Coruña, o prestixioso XXXII Gran premio Internacional de Marcha Os Cantóns , unha das grandes citas de marcha en ruta a nivel mundial. Este importante evento ten rango Internacional IAAF, onde cabe destacar a presenza do equipo nacional do Xapón cuxos marchadores se atopan a nivel mundial nos primeiros lugares, (lembrar que o país Asiático será organizador dos próximos Xogos olímpicos). Desta maneira, a nivel nacional, estaban en xogo as últimas prazas para acudir ao Campionato de Europa de Berlín; por ese motivo foi de gran interese ver a evolución dos atletas nacionais.

Igualmente celebrouse o trofeo Sergio Vázquez e dentro desa competición estivo organizado o Trofeo Josefina Romeu de marcha atlética de Galicia.
Ata alí desprazáronse da Escola de Atletismo Trega de Tomiño, 2 atletas de base e unha master.
Na categoría alevín masculino nos 2000m metros en ruta, alzaríanse coa vitoria por 3º ano consecutivo nas súas respectivas categorías, Christian Sierpes Pereira e o seu irmán, Álex Sierpes Pereira, que se faría coa prata en 2ª posición no trofeo Sergio Vázquez 2018.

Despois do evento tamén recolleron os seus diferentes premios, dobremente, do circuíto galego de marcha, Josefina Romeu 2016- 2017, onde serían galardoados co 1º posto, Christian, na categoría alevín e o seu irmán, co subcampeonato na categoría benjamín da tempada anterior.

Por último cabe destacar que Emilia Rodríguez se alzou coa vitoria Master de veteranas en 5km, cunha marca de 30’21». (Texto Patricia Pereira).

DENDE A CONCELLERÍA DE DEPORTES, FAN CHEGAR MOITOS PARABÉNS A TODOS E TODAS!!!