10 Mar 2016 A alcaldesa participa esta tarde na Semana da Muller organizada polo Concello de Moaña

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, asistirá esta tarde, en calidade de convidada, a unha charla coloquio sobre a muller, organizada polo Concello de Moaña dentro da Semana da Muller que se celebra entre os día 8 e 12 de marzo.

A rexedora tomiñesa participará na charla-coloquio que terá lugar esta tarde a partir das 18.30 horas no Salón de Plenos do Concello moañés. A acompañarán Belén Couso (presidenta da comunidade de montes de Moaña); Rosa Chapela (investigadora del Centro Tecnológico del Mar) e Loreto Costa (xornalista deportiva).-



X