Área de urbanismo

Accesos rápidos:

Urbanismo

Segundo o previsto na Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local disponse no seu artigo 25, epígrafe 2º:

O Municipio exercerá, en todo caso, competencias, nos termos da lexislación do Estado e das Comunidades Autónomas, nas seguintes materias

  • Ordenación, xestión, execución e disciplina urbanística; promoción e xestión de vivendas; parques e xardíns, pavimentación de vías públicas urbanas e conservación de camiños e vías rurais
  • Protección do medio ambiente.

A área de Urbanismo do Concello de Tomiño é a área encargada de todos aqueles servizos e tarefas en materia de urbanismo a nivel local.

Contacto: urbanismo@tomino.gal

Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) e outros planeamentos

PXOM 2001 - Normativa
PXOM 2001 – PLANOS DE CLASIFICACIÓN DO SOLO E 1/5.000
PXOM 2001 – PLANOS DE ORDENACIÓN DO SOLO URBANO – SEIXO E 1/1.000
PXOM 2001 – PLANOS DE ORDENACIÓN DO SOLO URBANO – GOIÁN E 1/1.000
M.P. Nº 1A - CALIFICACIÓN DE ESPAZO LIBRE DE USO PÚBLICO NO CASCO URBANO DE TOMIÑO
M.P. Nº 1B - TROCO NAS CARACTERÍSTICAS DE PROTECCIÓN ESPECIAL EN VILACHÁN
M.P. Nº 2 - INCLUSIÓN DO INVENTARIO DE CAMIÑOS PÚBLICOS MUNICIPAIS NO PXOM
M.P. Nº 4 - CREACIÓN DA ORDENANZA 1-B. ORDENACIÓN DAS A.R. 1 E A.R. 2 (TOMIÑO)
M.P. Nº 6 - ORDENACIÓN DA A.R. 3 (GOIÁN)
PEPID Altos de Torona
M.P. Nº 8 - RECONFIGURACIÓN DE ESPAZOS PÚBLICOS E USOS NO NÚCLEO DE GOIÁN
M.P. Nº 9 - REORDENACIÓN DE DETERMINADAS ÁREAS DO NÚCLEO URBANO DO SEIXO E DA SÚA CONTORNA AFECTADAS POLA APERTURA DA AVDA. DO BAIXO MIÑO (APROBACIÓN INICIAL)

Trámites e Procedementos

INFORMACIÓN XERAL PARA A TRAMITACIÓN DE LICENZAS, COMUNICACIÓNS PREVIAS E DECLARACIÓNS RESPONSABLES

TRAMITACIÓN ELECTRÓNICA

  1. Acceder á Sede Electrónica do Concello de Tomiño (https://tomino.sedelectronica.gal/info)
  2. Seleccionar o trámite axeitado dentro do apartado Urbanismo e Vivenda do catálogo de trámites e premer en PROCESAMENTO ELECTRÓNICO
  3. O sistema requirirá identificación electrónica do solicitante.
  4. Unha vez iniciado o procedemento, no apartado Documentos atópanse os modelos oficiais que deberán ser cumprimentados e achegados en cada caso.

TRAMITACIÓN PRESENCIAL

  1. Descargar, cumprimentar, ASINAR e imprimir o formulario pdf correspondente.
  2. Facer o ingreso das taxas municipais correspondentes. O lugar e o importe do ingreso figura no apartado de AUTOLIQUIDACIÓN do formulario pdf. No asunto do ingreso ou transferencia bancaria deberá figurar, como mínimo, o nome e o DNI do solicitante. Gardar xustificante bancario do mesmo.
  3. Unha vez feitos os anteriores pasos e recompilada toda a información solicitada segundo o trámite, presentar a documentación no Rexistro do Concello de Tomiño (Horario de luns a venres de 8:00 a 14:00 h).

Artigo 14.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

En todo caso, estarán obrigados a relacionarse a través de medios electrónicos  coas administracións públicas para a realización de calquera trámite dun procedemento administrativo, ao menos, os seguintes suxeitos:

  1. As persoas xurídicas.
  2. As entidades sen personalidade xurídica.
  3. Os que exerzan unha actividade profesional para a cal se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas administracións públicas no exercicio da dita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.
  4. Os que representen un interesado que estea obrigado a relacionarse electrónica mente coa Administración.
  5. Os empregados das administracións públicas para os trámites e actuacións que realicen con elas por razón da súa condición de empregado público, na forma en que o determine regulamentariamente cada Administración.

Licenzas de obra con proxecto técnico
Comunicación previa de primeira ocupación

Mod.

Ref.

Denominación

Descargar

Comunicación previa de actividades (con obras)
Comunicación previa de actividades (sen obras)
Furanchos (altas, baixas e renovacións)
Comunicacións previas de obras menores

RELACIÓN DE OBRAS MENORES SUXEITAS AO RÉXIME DE COMUNICACIÓN PREVIA

a) Mantemento de partes non edificables de parcelas e soares:

  • Limpeza e roza interior de parcelas e soares, sen movementos de terras nin cortas de arboredo.

b) Mantemento de FACHADAS de edificios:

  • Reparación e substitucións de elementos auxiliares como: canlóns, baixantes, varandas, entre outros.
  • Limpeza e pintado de fachadas, arranxo de fendas, etc.
  • Substitución de carpintería exterior, persianas, varandas ou similares, SEN AMPLIACIÓN OU DISMINUCIÓN DOS OCOS.

c) Mantemento de CUBERTAS dos edificios:

  • Substitución do material de cubrición de cubertas sen alteración dos elementos estruturais.
  • Substitución do material de cubrición de terrazas e/ou azoteas, sen incrementos de volume ou cubricións.

d) Mantemento e actualizacións dos edificios, ARRANXOS:

i) Arranxos nas instalacións:

Substitucións das instalacións privativas da vivenda ou local: auga, gas, electricidade, etc.

Novas instalacións que non afectan a elementos estruturais: vigas, paredes, paredes mestras, etc.

Mantemento de instalacións comúns dos edificios: caldeiras, ascensores, antenas, etc.

ii) Arranxos nos acabados interiores:

Arranxos en paredes, chans e falsos teitos: pinturas e azulexados.

Reformas en cociñas ou baños SEN MODIFICACIÓN DAS PAREDES DIVISORIAS.

e) Construción de PECHES E VALADOS de parcelas e soares que NON CONTEÑAN TERRAS e as reparacións de peches de parcelas sen afeccións estruturais.

f) Construción de EDIFICACIÓNS AUXILIARES de pequena entidade construtiva e económica: de altura inferior a 3,00 m, para usos non vivideiros e que sexan auxiliares do uso principal: garda de maquinaria, almacenaxe, invernadoiros, etc.

g) Calquera outro establecido regulamentariamente.

Mod.

Ref.

Denominación

Descargar

Informacións urbanísticas, consultas previas, devolucións de fianzas, actas de liña, declaracións de ruína, etc
ANEXO: MODELOS TIPO DE DECLARACIÓNS, COMPROMISOS E OUTORGAMENTOS DE REPRESENTACIÓN

Ref.

Denominación

Descargar