Enche o formulario cos datos requeridos e asínao.
Entrega o formulario no Concello xunto coa documentación necesaria e recolle a túa tarxeta.
1- Horario de 07:00 a 00:00, deberá abandonarse a sala 10 minutos antes da finalización do horario.
2- Os menores de 12 anos deberán acceder acompañados dos seus pais ou titores.
3- Gardar silencio na aula de estudo e falar baixo na aula de traballo en grupo, e no resto de dependencias.
4- Silenciar os teléfonos mobiles e respetar a privacidade dos usuarios.
5- Non introducir bebidas (salvo auga) nin comida nas aulas.
6- Non está permitida a entrada de mascotas, só no caso de cans de asistencia que acompañen a persoas con discapacidade.
7- Respetar as instalacións, ordenadores, mobles e materiais da aula.
8- Non se permite mover o mobiliario da aula, en caso de necesidade de desplazamento de sillas estas deberán colocarse novamente na súa posición tralo uso.
9- Deberán respetarse as restriccións de uso de postos, debidamente sinalizados por parte do Concello.
10- Non se permite a reserva de postos de ordenadores. A ausencia do posto de ordenadores da dereito a outra persoa a ocupar o posto.
11- Prohíbese expresamente a instalación de calquera aplicación ou programa, así como alteración da configuración do equipo. Igualmente prohíbese a realización de actividades que poidan causar o bloqueo ou a alteración de redes e sistemas.
12- Os ususarios deberán empregar o acceso WIFI de forma correcta, comprometéndose a non empregalo para a realización de actividades contrarias a Lei, ou con fins ou efectos ilícitos, prohíbidos ou lesivos de dereitos e intereses de terceiros. O Concello non será responsable do incumprimento desta obriga por parte dos usuarios.
13- Deberán cumprirse a normas santiarias respecto ao COVID-19