Cultura

Dixo Concepción Arenal que “todas as cousas son imposibles, mentres o parecen” FAGAMOS POSIBLE A CULTURA.

 

As actividades de cultura comprenden o teatro, a música, os espectáculos e a arte en xeral. As nosas propostas son innovadoras, moitas delas cun gran compoñente social, promovendo iniciativas abertamente feministas, sobre a igualdade de oportunidades e sobre responsabilidade do noso entorno e a conservación da cultura galega e do noso patrimonio (in)material.

 

Entendemos a cultura coma unha práctica social, construída no diálogo e na comunidade e anosa xestión cultural está baseada na innovación, a participación, a eficacia, a sostenibilidade, a transversalidade e a reproductibilidade.

Para máis información:

 

DEPARTAMENTO DE CULTURA

Teléfono: 986622001

Teléfono móbil e whatsapp: 604 062 369

Correo electrónico: cultura@tomino.gal