Apostamos pola igualdade
OFICINA MUNICIPAL DE IGUALDADE: ATENCIÓN E PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO E OUTRAS SITUACIÓNS DE VULNERABILIDADE
Horario de Atención e acompañamento xurídico individualizado e especializado: os martes de 16:00 a 20:00 e venres de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00, con cita previa no 986 622 001.
(Atención e consultas, información de recursos, tramitación e derivación perante outros organismos…, tratando a prevención da violencia, a perspectiva e os estereotipos de xénero de maneira transversal)
Horario de Atención e acompañamento psicolóxico especializado: os luns con cita previa no 986 622 001 (Acompañamento en sesións individualizadas fronte a situacións de violencia de xénero e a outras situacións de vulnerabilidade, tratando a prevención da violencia, a perspectiva e os estereotipos de xénero de maneira transversal).
Obxectivos do programa:
Romper coa violencia de xénero, o que pasa por rachar co agresor e poder comezar/recuperar unha vida sen violencia.
De maneira transversal: alentar o pensamento crítico das mulleres e o seu
empoderamento persoal e colectivo.
Resultados do programa:
9 de cada 10 mulleres atendidas acadan este obxectivo, o que representa unha substancial mellora da súa calidade de vida e no seu caso da dos familiares cos que conviven.