OMIX

Omix

O obxectivo principal da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de Tomiño é impulsar o desenvolvemento da mocidade tomiñesa dende, en e para Tomiño; informar , formar e asesorar a mozos e mozas así como mellorar a calidade do noso servizo para dar unha resposta eficaz ás demandas e necesidades da mocidade tomiñesa.

 

A finalidade da OMIX é polo tanto prestar un servizo permanente de información, asesoramiento e documentación á xuventude do municipio e á mocidade doutras localidades sobre todos os temas que afecten á súa vida cotiá, que sirva aos seus propósitos persoais e favoreza o acceso a diferentes oportunidades

Rede Europea de Información de Galicia

A Rede Eurodesk Pontevedra OMIX Concello de Tomiño forma parte da Rede Europe Direct, unha das principais ferramentas para informar á cidadanía sobre a Unión Europea, sobre os seus dereitos e sobre as prioridades da Unión Europea, ao tempo que promove unha veciñanza participativa a nivel local e rexional.

 

A Oficina Eurodesk de Tomiño responde a consultas sobre a UE relacionadas coa xente nova, que van desde cuestións de carácter xeral a outras como as posibilidades de estudar no estranxeiro ou sobre as políticas da UE en mocidade. Ademais, ofrece información sobre as posibilidades que teñen mozos e mozas de obter financiamento europeo, á vez que leva a cabo campañas de concienciación en escolas e organizacións xuvenís.

 

Visitar a web

Formación
Omix-formacion

Anualmente ofertamos unha programación formativa co gallo de favorecer o emprendemento, mellorar a educación, promover a creatividade e propiciar a incorporación ao ámbito profesional. Ademais de cursos tamén organizamos concursos con temáticas diversas.

Cooperación internacional

Entre as iniciativas internacionais xestionadas pola OMIX Tomiño destaca o programa Erasmus+ de acollida e movilidade de voluntariado europeo e proxectos internacionais de intercambio xuvenil. Ademais, a OMIX de Tomiño é oficina Eurodesk, un servizo de información sobre programas e iniciativas europeas.

Asociacionismo xuvenil

A través de asesoramento sobre subvencións e apoio técnico fomentase a participación social da mocidade apoiando ás asociacións xuvenís existentes e asesorando na creación doutras novas. Información Xuvenil

Lecer e tempo libre

A OMIX promove e organiza actividades de lecer infantil e xuvenil adicadas a fomentar a participación social, a aprendizaxe lúdico-educativa e a diversión.

Voluntariado local

A OMIX de Tomiño é entidade local de voluntariado, pertencente á Xunta de Galicia e ten unha programación anual de actividades de voluntariado levada a cabo por mozos e mozas que participan na súa elaboración, execución e avaliación.

Proxecto internacional PONTES DE PAPEL
pontes-de-papel

PONTES DE PAPEL trae consigo unha gran diversidade cultural e lingüística, constituíndo unha experiencia formativa de grande interese para a mocidade da nosa localidade. Poderán participar persoas de entre 16 e 35 anos de idade e, para garantir unha boa experiencia, a OMIX e as entidades de destino tratarán de encaixar as persoas segundo gustos, preferenzas, idade… para que inicien un intercambio de (non só) CARTAS MANUSCRITAS. Trátase dunha iniciativa plural e transversal que se adapta ás necesidades de cada persoa. Ademais, as xente que participe neste proxecto internacional poderá relacionarse con outras mozas e mozos empregando varios idiomas mentres se forma e informa sobre realidades ou temáticas que sexan do seu interese.

 

Accede ao proxecto intenacional PONTES DE PAPEL no seguinte enlace: https://tomino.gal/pontes-de-papel/

Na OMIX respondemos de xeito virtual e virtuoso a todas as dúbidas ou preguntas que queiras facernos. Estaremos ao outro lado para enviarche a información que precisas.