A constitución do Concello de Tomiño data do s. XIX, na época da creación do novo sistema de administración municipal. A sede do Concello estivo situada en Vilachán ata o ano 1816, ano no que se trasladou á súa ubicación actual no lugar do Seixo.
Tomiño forma parte da Mancomunidade do Baixo Miño, xunto cos municipios de Tui, O Rosal, Oia e A Guarda.
Está formado por 15 parroquias: Amorín, Barrantes, Currás, Estás, Figueiró, Forcadela, Goián, Piñeiro, Pinzás, San Salvador de Tebra, Sobrada, Taborda, Santa María de Tebra, Tomiño e Vilameán.