CORTEMOS O LUME CON ESPECIES AUTÓCTONAS
Iniciamos no ano 2022 esta campaña dirixida a aquelas persoas propietarias de parcelas situadas nas faixas secundarias de xestión da biomasa, que son aquelas parcelas que se atopan dentro dos primeiros 50 metros dende o límite do solo de núcleo ou dunha casa illada en rústico.
Estas faixas deben estar rozadas e libres de especies como piñeiros, acacias ou eucaliptos.
O obxectivo desta campaña é contribuír a repoboar as 900 hectáreas que ocupan estas faixas no noso concello creando un anel verde ao redor dos núcleos de poboación que axuden a mitigar os efectos dun posible incendio forestal, que favorezan a diversificación dos usos do monte e que axuden a paliar os efectos que o cambio climático ten sobre as nosas vilas.
Ao comezo de cada ano faise entrega de planta forestal de frondosas autóctonas aos propietarios e propietarias que así o soliciten, para que as planten nas súas parcelas, plantas como carballos, castiñeiros, sobreiras, cerdeiras ou nogueiras e así facer de Tomiño un concello máis verde e sostible.
Se estas interesado en participar, podes poñerte en contacto con nós no número de teléfono 986 62 20 01 ou no email tecnica.medioambiente@tomino.gal