02 Xuñ 2017 A asociación sociocultural “senraia” trae ao mercado este sábado un concerto de mediodía que ambientará o edificio mentres clientes e clientas fan ás súas compras

O Mercado Municipal acolle un novo concerto organizado pola asociación sociocultural “senraia”. Trátase esta vez do grupo Pequeña Gran Compañía, que ofrece unha performance donde se integran, música, humor, poesía, imaxe e son.
O músico arxentino Sergio Ariel, e a trombonista e poeta cubana Amor Herrera, integrantes do grupo, actuarán o sábado 3 de xuño á unha do mediodía (13.00 horas), no andar superior do mercado. Tocarán cancións de pop-rock e melódicas.



X