A Aula CeMIT de Tomiño organiza na primeira metade de ano, 12 actividades das que se benefician máis de cen persoas

Nos primeiros seis meses do ano 2016, a aula CeMIT de Tomiño organizou 12 actividades que suman máis de 300 horas formación, e polas que xa pasaron máis de 100 persoas.

Entre as máis destacadas o curso organizado polo Concello, a asociación Vontade e o Centro de Día de Tomiño, no que un grupo de 25 persoas maiores aprenden a utilizar o ordenador.

Tamén se fixo un primeiro exame para a obtención do CODIX (competencias dixitais en ofimática) con un considerable éxito tanto de participación, como en aprobados.

O resto de actividades estiveron orientadas a diversa temática como retoque fotográfico, edición de vídeos ou uso da tablet.

Por outro lado, nestas semanas abrirase o prazo de inscrición nunha nova convocatoria de 180 prazas do curso de teleformación titorizado para a obtención da certificación galega do CODIX.

Segundo informa o concelleiro de Promoción Económica, Antonio Tartaglione, está previsto comezar o período de inscrición o día seguinte ao da súa publicación no DOG, que se colgará na web do CeMIT. Para a xente que prefira obter o CODIX preparándose pola súa conta ou asistindo aos cursos presenciais que se realizaran na aula de Tomiño, existirá unha nova convocatoria en setembro.

Durante os meses de xullo e agosto a aula modificará o seu horario pasando a ser os luns e venres de 9 a 14 horas, e os martes, mércores e xoves, de 16 a 21 horas.

Durante os meses de xullo e agosto a aula modificará o seu horario pasando a ser os luns e venres de 9 a 14 horas e os martes, mércores e xoves de 16 a 21 horas. Ademais intentarase que durante o mes de setembro e próximo curso a aula abra polas tardes algunhas horas.

Nos meses de verán impartiranse cursos de informática de diferentes temáticas dirixidos a mozos e mozas de todas as idades.

Para ampliar esta información chamar ao teléfono 986623304 ou pasarse pola aula Cermit sita no Campo da Feira de Tomiño. Tamén é posible solicitar información no correo electrónico cemit.tomino@xunta.gal



X