A Caravana Feminista chega a Tomiño o vindeiro 12 de outubro.

O Concello de Tomiño participa na Caravana Feminista que chega ao municipio o vindeiro luns 12 de outubro. A Caravana Feminista forma parte da 4ª Acción Internacional da Marcha Mundial das Mulleres.

A Caravana arrancou o 8 de marzo dende Kurdistán e rematará o 17 de outubro en Portugal. A caravana está a cruzar Europa de este a oeste e de norte a sur celebrando actividades de difusión das súas loitas, estratexias e resistencias.

En Tomiño contaremos coa animación musical do grupo Acevedos Delgados, da performance de Ghatas Salvaxes e con charlas de difusión das loitas feministas. O evento sterá lugar no Mercado Municipal de 11h a 16h e o lema será “mulleres en movemento: conectando loitas e resistencias”.
A iniciativa está organizada pola comunidade ecofeminista Casinha da Felicidade e apoiada polo Concello de Tomiño.



X