20 Mai 2016 A Casa da Cultura acolleu o terceiro Grupo de Traballo transnacional para debater temas de interese social para as poboacións de Cerveira e Tomiño

Dentro da Axenda Estratéxica de Cooperación asinada polos municipios deTomiño e Vila Nova de Cerveira, celebrouse onte á tarde, na Casa da Cultura, o terceiro e último grupo de traballo transnacional.

Na oportunidade, asistiron diferentes entidades de interese social sen ánimo de lucro, de ambos lados da fronteira, que aproveitaron para coñecerse mellor e falar sobre problemas comúns e posibles áreas de colaboración, de cara á presentación de proxectos conxuntos a programas europeo de desenvolvemento.

Presidiu a reunión a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, acompañada polas concelleiras de Cultura e Servizos Sociais de Tomiño e Cerveira.

3º grupo traballo 33º grupo traballo 23º grupo traballo 5



X