A deputada Digna Rivas e a alcaldesa de Tomiño, inauguran “Exodus”; unha mostra fotográfica sobre o drama dos refuxiados sirios

A mostra, patrocinada pola Deputación, amosa o traballo de fotoxornalismo de dous profesionais galegos

Este mediodía, a deputada de Cohesión Social e Xuventude, Digna Rivas, visitou Tomiño para inaugurar oficialmente xunto á alcaldesa do municipio, Sandra González, a mostra fotográfica “Exodus: na procura do refuxio”. Ao acto de inauguración, celebrado no primeiro andar do Mercado Municipal, asistiron tamén outros membros da corporación, e público en xeral.DSC_0718 (Copy)

A exposición, impulsada pola Deputación de Pontevedra, permanecerá aberta no primeiro andar do Mercado Municipal de Tomiño, até o 16 de outubro, en horario de luns a sábado, de 9.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas (excepto mércores pola tarde, que estará pechada).

Esta mostra reflicte a mirada dos fotoperiodistas galegos Felipe Carnotto e Adrián Irago. As fotografías, realizadas entre setembro e outubro de 2015, documentan as vivencias dos refuxiados que foxen de distintos conflitos bélicos para chegar a Lesbos e percorrer os Balcáns na procura dun novo fogar en Europa.

Europa enfróntase á peor crise migratoria dende a Segunda Guerra Mundial. Segundo datos de ACNUR, máis dun millón de persoas cruzaron as illas gregas escapando do conflito sirio. Un 25% eran menores e ao redor de 3.700 persoas faleceron no intento de cruzar o Mar Exeo.exodus-tomino

 



X