12 Xan A nova Ordenanza Fiscal do Lixo do Concello de Tomiño, publicada o día 23 de decembro, no Boletín Oficial da Provincia, aplicarase a partir do 1 de xaneiro de 2017
Ponse en coñecemento da veciñanza e do público en xeral que a nova Ordenanza Fiscal do Lixo do Concello de Tomiño, foi publicada o pasado día 23 de decembro, no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, cuxo texto completo pode consultar no seguinte enlace:
http://www.boppo.depo.es/web/boppo/detalle/-/boppo/2016/12/23/2016045307
Como se indica na súa DISPOSICIÓN FINAL, “A presente ordenanza fiscal, e o seu anexo, entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e será de aplicación a partir do primeiro día do semestre natural seguinte á data descrita, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa”.
É dicir, a ordenanza entrou en vigor o 23 de decembro de 2016, pero non será de aplicación até o 1 de xaneiro de 2017.
Ademais, coma establece a súa DISPOSICIÓN TRANSITORIA, “para o ano 2017 as solicitudes de bonificación ou exención deberán ser presentadas entre o 1 de xaneiro e o 28 de febreiro de 2017”.
Foto: Comarcas na rede.