29 Dec 2016 A Oficina de Igualdade suspende o seu servizo durante o mes de xaneiro

O servizo de atención xurídica á muller da Oficina de Igualdade do Concello de Tomiño quedará suspendido durante o mes de xaneiro, á espera da aprobación do orzamento municipal para o ano 2017, momento no que se informará da súa nova organización e horario.

 

Este Servizo púxose en marcha grazas á subvención solicitada á Deputación de Pontevedra, que abrangue as accións municipais  para o fomento da igualdade e a erradicación da violencia de xénero para  o ano 2016, polo que o 31 de decembro é a data límite da actuación obxecto da dita subvención.

 

A vontade do Concello de Tomiño é a pronta reanudación do servizo, dada a importante demanda detectada.



X