A Xunta inclúe a Tomiño nun programa de actividades culturais cunha andaina pola ribeira do Miño

A Consellería de Cultura da Xunta de Galicia inclúe a Tomiño no programa de actividades culturais “Monumenta. Andar con arte”, cunha andaina pola ribeira do Miño.
Monumenta, andar con arte é un programa de actividades culturais
que se desenvolve ao redor da acción de camiñar e da experiencia
da andaina como a mellor e a máis antiga das maneiras de explorar
e de vivir o territorio. Con este novo horizonte, Monumenta
avanza un paso máis á hora de mostrar, difundir e contar o noso
patrimonio material —igrexas, castros e outros monumentos e lugares
históricos— desde as achegas do patrimonio inmaterial, que é a raíz
do seu significado.

Convidados expertos en diferentes áreas como a arquitectura, a arqueoloxía, a xeografía, a xeoloxía ou a arte, axudarannos a entender outras particularidades e valores dos diversos aspectos do patrimonio material e inmaterial de Galicia.
Con este ciclo de andainas, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia achégalle á cidadanía unha experiencia diferente de vivir e sentir o noso patrimonio, relacionando cada edificio co territorio e coa súa singularidade cultural e paisaxística.

No caso de Tomiño, a andaina “O Miño: a Raia da Amizade” realizarase o día 27 de agosto ás 10.30 horas, con saída desde o Espazo Fortaleza (entrada do antigo ferry) en Goián. Na páxina 16 e 17 do seguinte enlace, tedes toda a información desta actividade.

cuadernillo20pags-2106-af

Para máis información: www.cultura.gal
galiciamonumenta.wordpress.com



X