16 Set 2016 Acubam adianta a celebración da Mostra de Cultivos ao mes de marzo co fin de facilitar a asistencia do público profesional

O comité organizador da Mostra 2017 de Acubam (Asociación de Cultivos do Baixo Miño) adianta a celebración do evento ao sábado 4 e domingo 5 de marzo co obxectivo de facilitar a asistencia de público profesional nunhas datas que non son plena campaña para o sector verde.

A mostra contará un ano máis con xornadas técnicas especialmente dirixidas aos profesionais do sector, así como a segunda edición de “acubam innovación”, un espazo destinado a resaltar de forma significativa aquelas melloras, avances ou novidades de cada un dos expositores.

Coincidindo co Ano Internacional do Turismo Sostible para o Desenvolvemento, o eixo central da Mostra 2017 será a sostenibilidade, entendida como a convivencia harmónica de economía, sociedade e medio ambiente.

“A comarca do Baixo Miño é un paraíso natural onde o sector dos cultivos ten un peso económico importante. O obxectivo dos viveiros é seguir criterios sostibles nas súas producións, con boas prácticas agrícolas e unha conexión co seu entorno máis próximo, participando en proxectos educativos para a infancia e a mocidade”, comentan os organizadores.



X