05 Mar 2015 Banta, Banco de tapóns, presenta vehículo para o desprazamento de grandes cantidades de tapóns.

Banta, Banco de Tapóns, ven de presentar o novo vehículo para o desprazamento de grandes cantidades de tapóns. Foi na tarde de onte cando foi entregado polos financiadores do mesmo, o Concello de Tomiño e a Fundación Obra Social La Caixa a este colectivo de voluntarios e voluntarias que dende hai varios anos teñen axudado a máis de 21 nenos.

Nesta quinta tempada, Iria, Marta e Candela, serán as beneficiarias do esforzo e labor dos máis de 1.000 voluntarios e voluntarias activas que dentro e fora de Galicia se encarga da recollida de tapóns.

Nesta campaña son precisos 36 toneladas de tapóns que se recollerán entre os máis 400 puntos distribuidos por toda Galicia e fora.

Ademáis do Concello de Tomiño e da Fundación Obra Social La Caixa que financiaron integramente o vehículo, son varias as empresas colaboradoras do banco de tapóns. De destacar a constante colaboración de Pycflorga, Cayser e Suministros Hortícolas Bacelo.

Na tarde de onte, tanto o presidente de banta, Manuel Pardo, como o seu tesoureiro, Marcos Casaleiro, agradeceron “ a colaboración de todos e de cada un dos voluntarios que de xeito desinteresado e sen horarios traballan para que nenos e nenas con necesidaes especiais poidan acceder a recursos que non cubre a seguridade social. Tamén agradecer as empresas colaboradoras e as institucións privadas e públicas como o Concello de Tomiño e a Fundación Obra Social La Caixa polo seu constante apoio”.

A Alcaldesa de Tomiño, Sandra González, agradeceu o traballo de banta e do seu equipo “ que ten traído sorriso a moitas familias. Animalos a que continúen co este proxecto tan fermoso e brindarlles a colaboración do Concello de Tomiño”.



X