Carol, un drama romántico británico abre un novo ciclo no cineclub Poleiro

O próximo xoves , 6 de outubro , o cineclub Poleiro proxecta Carol, de Todd Haynes, no auditorio de Goián, ás 21.30 horas.

Carol é unha adaptación dunha novela de Patricia Highsmith que trata o tema da homosexualidade.

A historia acontece en Nova York, nos anos 50. Therese Belivet (Rooney Mara), unha xoven dependenta dunha tenda de Manhattan que soña cunha vida mellor coñece a unha muller elegante e sofisticada Carol (Cate Blanchett) que se atopa atrapada nun matrimonio infeliz. Entre ellas xurde unha atracción inmediata , cada vez máis intensa e profunda, que cambiará as suas vidas para sempre.

Premios: Festival de Cannes. Mellor actriz Rooney Mara 2015

6 nominacións nos Oscar, 5 nos Globos de Ouro

 

Próximas proxeccións

O, xoves 3 de novembro, o cineclub Poleiro proxecta o thriller Magallanes, dirixido por Salvador del Solar , unha coproducción de Perú-Arxentina e Colombia.

A anodina vida de Magallanes (Damián Alcázar) da un xiro no día en que unha muller que coñeceu cando era soldado no exército peruano e loitaba contra Sendero Luminoso , sube ao seu taxi en Lima.

O xoves, 1 de decembro chega O fillo de Saúl, dirixida polo húngaro Laszlo Nemes . Unha historia de salvación nos campos de concentración nazis.

O xoves 12 de xaneiro, a norteamericana, Eu, el e Rachel, dirixida por Alfonso Gómez Rejón. Unha perfecta combinacion entre comedia e drama, unha historia de adolescencia, amistade e enfermidade.

O bono das catro películas custa 12 euros.

O cineclub Poleiro conta co apoio da Concellería de Cultura do Concello de Tomiño e da Federación de Cineclubes.de Galicia.

Máis información Ramón Álvarez. Teléfono: 629735337



X