19 Mai 2014 Cento cincuenta ciclistas medíronse no desafío Terras de Turonio de BTT 2014 “Carreira das Letras”

O equipo “Scott Team” foi o vencedor absoluto da proba

O “Scott Team” composto por Mauro González e Manuel Parada, resultou vencedor da primeira edición do DESAFÍO TERRAS de TURONIO “CARREIRA DAS LETRAS”, que se disputou onte cun percorrido de 105km e no que investiron 4h13’18’’.

A proba que tiña o Concello de Tomiño como punto de saída e meta, tamén percorreu distintas zonas de Oia, Baiona e Gondomar e contou coa participación dun total de 180 inscritos. A longa distancia e a forte calor reinante fixo que a carreira fose un auténtico desafío para todos os participantes, finalizando os últimos corredores en 7h28’21’’.

Secundaron no podio final ao “Scott Team” os equipos “C.C.Corbelo” e “Lola Lola-Gomistar”. Segundo os organizadores, o C.C. Corbelo foi tamén gran triunfador da xornada, pois foron os vencedores na categoría mixta e tamén en veteranos.

A proba, cun desnivel positivo próximo aos 2500 metros, foi organizada por Team Relay S.L. coa colaboración da Concellaría de Deportes do Concello de Tomiño, que dirixe Cristina Martínez.

Turonium



X