Charla-coloquio sobre o cultivo da viña na Casa da Cultura tomiñesa

O coloquio terá lugar o vindeiro xoves, 14 de xullo, ás 20.30 horas

O vindeiro xoves, 14 de xullo, terá lugar na Casa da Cultura de Tomiño, a charla-coloquio “Factores clave en la viña”, a cargo de técnicos da empresa Agrosaúde.

A actividade, que conta coa colaboración do Concello de Tomiño, comezará ás 20.30 horas.

“O cultivo da viña é o máis estendido e representativo do Baixo Miño; ante este feito, o noso obxectivo é impartir unha charla-coloquio na que se aborden os puntos crave que todo viticultor e persoa afeccionada ao mundo do viño, debe ter en conta á hora de establecer, manter e optimizar o cultivo da viña, sen entrar en tecnicismos e facéndoa o máis amena posible”, explica o enxeñeiro agrícola Rodrigo Schlesinger.

 



X