30 Dec 2016 Continúan as actividades de Nadal en Tomiño coa Praza do Seixo coma punto de encontro

  • Obradoiros de teatro, maxia, xogos populares encherán a Praza do Seixo durante os vindeiros días

 

DSC_1590 (Copy)

Dentro da programación de Nadal organizada polo Concello, esta tarde o mercado municipal acolle, de 17.00 a 18.00 horas, o espectáculo do meigo Zanas “Máis que maxia”; unha proposta renovada, adicada especialmente á maxia “de cerca”, segundo as palabras do artista tomiñés. A función comeza ás cinco, no primeiro andar.

Onte á tarde foi o turno de Migallas Teatro, co obradoiro infantil “Unha coroa para os reis magos”, no que houbo contacontos, representacións, manualidades, pintura…Asistiron máis de 30 nenos e nenas, moitos acompañados polos seus pais e nais (as fotos corresponden a esta actividade).DSC_1580 (Copy)

A programación continúa os días 2, 3 e 4 de xaneiro coa actividade “Nadal na Praza”. Entre as 16.00 e as 20.00 horas, a Praza do Seixo encherase de xogos, obradoiros, inchables, coa protección dunha carpa, que xa está a instalarse.

A Cabalgata de Reis será o xoves 5, con saída dende o Campo do Alivio ás 16.30 horas e percorrido até a Praza do Seixo. Nela terá lugar a recepción dos nenos e nenas por parte dos Reis; entrega de agasallos e reparto de papeletas para o sorteo dunha bici, tablet, patins, drons, etc.DSC_1582 (Copy)

O sábado 7 de xaneiro, a programación continúa con “O mundo máxico de Pinocho”. A función, a cargo de Educa Teatro, será no Auditorio de Goián, ás 18.00 horas, con entrada de balde para nenos e nenas e de 3 euros para adultos.

Pechará o programa outra obra de teatro infantil-musical, “Vaioviravai – As andanzas de Paio”. Tamén no auditorio, ás 18.00 horas. Coma na anterior actividade, a entrada será de balde para nenos e nenas e de 3 euros para as persoas adultas.DSC_1584 (Copy)

Cristina Martínez, concelleira de Cultura, informa que este Nadal terá coma mascota, un teixugo, un animaliño habitante dos nosos bosques que destaca polo seu tesón e perseveranza e que é símbolo da unión coa terra e a chegada do Nadal.

 

 



X