11 Mar 2015 CONVOCATORIA DE EXAMES PRESENCIAIS PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO OFICIAL EN “COMPETENCIAS DIXITAIS EN OFIMÁTICA”

Publicada a Resolución do 27 de febreiro de 2015 (DOG nº 47) pola que se convocan probas de avaliación libre para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática.

O prazo de inscrición nas probas presenciais comezará o día 11 de marzo ás 9:00 horas e rematará o vindeiro 17 de marzo ás 14:00 horas. Poderá formalizar a súa inscrición na web https://cemit.xunta.es

No concello de Tomiño o exame terá lugar o xoves, 30 de abril ás 10 da mañá, na aula CeMIT.

Para máis información sobre o proceso de solicitude de inscrición, prezo das taxas, outros lugares de realización ou criterios de selección pódese acceder ao seguinte enlace Resolución do 27 de febreiro de 2015 (DOG nº 47).

Tamén existe a posibilidade de realizar un curso de teleformación dirixido as persoas que necesiten afianzar os contidos de cara ao exame, para o cal deben solicitar información a Daniel Ozores, responsable da aula CeMIT de Tomiño, acercándose ás instalacións do Campo da Feira no Seixo, chamando por teléfono ao 986623304 ou enviando un correo electrónico a cemit.tomino@xunta.es.



X