O Tai-Chi Chuan é unha arte marcial milenaria que traballa dende a enerxía vital interna que cada persoa posúe.
A través das diferentes sesións as persoas participantes achegaranse aos movementos lentos e suaves, conscientes e sincronizados.
Deste xeito, coa práctica continuada, alcanzarase unha mellora da forza física e a coordinación psicomotora.
– Os luns de 19:00 a 20:00h (do 7 de maio ata o 17 de setembro)
– Casa de Cultura
– Prezo: 10€ por persoa
– A partir de 12 anos