Escola Municipal de Teatro

banne-teatro-web

A Escola Municipal de Teatro inicia un novo curso para achegar a nenos e nenas, mocidade e adultos ao mundo teatral ao tempo que se estimulan as capacidades creativas, se fomenta o traballo en equipo ou se melloran os recursos comunicativos, entre outros. Combínanse a expresión dramática coa creación, ensaio e posta en escena dunha obra.

 

De 4 a 8 anos (de 17:30 a 19:00 h). No Auditorio de Goián

De 9 a 12 anos (de 16:00 a 17:30 h). No Auditorio de Goián

De 13 a 17 anos (de 19:00 a 20:30 h). No Auditorio de Goián

A partir de 18 anos (de 20:30 a 22:00 h). Casa de Cultura

 

Todos os martes, de novembro ata xuño. Prezo: 15€