O vindeiro fin de semana, días 17, 18 e 19 de marzo, celebraranse en Ronda (Málaga) os campionatos nacionais de Muay Thai, onde Uxía Rodriguez de 20 anos,  e Charly Lopez, de 28, competirán nas categorías de 54kg e 67kg, respectivamente, representando ao seu club, o Spartan Team de Tomiño e á Selección Galega de Muay Thai Ifma Galicia que preside Emma Onandia . Acompañará tamén aos deportistas o adestrador Oscar Castro.