25 Feb 2016 Hoxe abre o prazo de pre-inscrición de matrícula na nova escola infantil de Goián.

As obras de reforma e ampliación do inmoble chegaron ao seu fin. Nas vindeiras semanas concluiranse as obras de urbanización do entorno.

A nova escola infantil contará con 61 prazas que se suman ás 40 existentes da escola infantil do Seixo.

A escola infantil de Goián abrirá as súas portas no mes de setembro.

Hoxe abriu o prazo de pre-inscrición da nova escola infantil de Goián. Do 25 de febreiro ao 26 de marzo as familias interesadas poderán tramitar a pre-inscribición para nenos e nenas de ente 0 e 3 anos. A tramitación será a mesma para as escolas infantís do Seixo e para a de Goián.

A nova escola infantil de Goián, ubicada na antiga casa do médico, rematou as obras de reforma e ampliación do inmoble no pasado outono. Estes días están finalizando a actuación de urbanización do entorno e que suporá que a rúa Camiño Vello no seu tramo entre a escola infantil e a praza de abastos pasará a incorporarse aos espazo público xerando un amplo entorno de preferencia peonil.

Co remate destas obras porase fin ao proxecto da nova escola infantil, abrindo as súas portas a á actividade educativa no mes de setembro.

A nova escola infantil ven a completar a oferta educativa pública para os máis miúdos ampliando o número de familias que se beneficiarán deste servizo público.

A tramitación das pre-incricións farase na escola infantil do Seixo e é preciso aportar os documentos nacionais de identidade, libro de familia, certificado de empadroamento e declaración da renda familiar. As listaxes provisionais publicaranse o 3 de maio habilitando 10 días naturais para posibles reclamacións. As listaxes definitivas publicaranse o 30 de maio e o prazo de formalización de matricula poderá facerse do 1 ao 10 de xuño.

A Alcaldesa, Sandra González, mostrou a súa satisfacción pola pronta apertura da segunda escola infantil para Tomiño. Segundo González, “os veciños e veciñas de Tomiño terán acceso a un número importante de novas prazas públicas que revertirán na calidade e benestar das familias. Tomiño consolídase como un concello con calidade de benestar que pode desfrutar de equipamentos públicos como son dúas escolas infantís, un centro de día, un centro de discapacitados e con programacións educativas e de inclusión social”.



X