O Duatlón Popular contou coa participación de 300 rapaces e rapazas procedentes das catro provincias galegas. O Desafío Terras de Turonio rozou os 400 ciclistas

 

Tomiño acolleu esta fin de semana dúas probas deportivas de releve. ADETO (Asociación de Autónomos de Comercio, Hostalería e Industria de Tomiño) coa colaboración do Concello de Tomiño, e a Federación Galega de Triatlón (Fegatri), organizou o IV DUATLÓN POPULAR DE TOMIÑO, que se celebrou o sábado pasado.

Na categoría absoluta este cuarto duatlón, as persoas inscritas roldaron as 120, aínda que participaron 94, e no duatlón escolar, 277 na final galega, repartidas nas distintas categorías: benxamíns, alevíns, infantil e cadete

A proba, consistiu en primeiro lugar, nunha carreira a pé e, seguidamente, un circuito en bicicleta, con diferentes distancias, segundo a categoría
A saída foi para todos na rúa Colón, e a zona de transición e meta, na Rúa Daniel Calzado Poceiro.
A entrega de trofeos celebrouse na Praza do Seixo, literalmente abarrotada de xente, moitos familiares dos nenos e nenas participantes, e público en xeral.

O programa do dúatlon escolar chegou o sábado ó seu fin, coa disputa da final galega en Tomiño, proba na que participaron 277 deportistas das categorías benxamín, alevín, infantil e cadete.

Os gañadores (individuais e clubs) das diferentes categorías foron:

Benxamín feminino: Lorena Patiño (Club Pinarium) e Náutico de Narón

Benxamín masculino: Damián Suárez (Natación Cedeira) e AD Fogar Carballo

Alevín feminina: Victoria Cons (Motobike Galaico) e Escola Javi Gómez Noya

Alevín masculino: Brais Picón (Arcade Inforhouse) e Escola Javi Gómez Noya

Infantil feminino: Elsa Pena (Cidade de Lugo Fluvial) e Cidade de Lugo Fluvial

Infantil masculino: Alexandre Álvarez (Natación Pabellón Ourense) e Escola Javi Gómez Noya

Cadete feminino: Noelia Serantes (Náutico de Narón) e Náutico de Narón

Cadete masculino: Jorge González (Natación Riveira) e Cidade de Lugo Fluvial

 

En canto á proba popular desenvolveuse coa participación de 94 participantes dos 112 inscritos, resultando gañadores na clasificación xeral:

 

Na modalidade feminina:

 

3ª – MARÍA FERREIRA GONZÁLEZ (O PORRIÑO)

2ª – BEGOÑA ARRANZ GONZÁLEZ (VIGO)

1ª – ANDREA IGLESIAS CARBALLIDO (GONDOMAR)

 

Na modalidade masculina:

 

3º – ISMAEL LAGO MONROY (MOS)

2º  – BRAIS MISA GARCÍA (GONDOMAR)

1º – LUIS MIGUEL VELASQUES RAMOS (FERROL)

 

Este ano incrementouse moito a participación dos nenos ó ser aquí a final do campionato galego, se ven é certo que na absoluta houbo menos inscricións, debido en gran parte, a que había outras probas importantes noutros municipios, así como o campionato de España de Triatlon.

“Dende ADETO,  queremos agradecer a colaboración de todas aquelas persoas voluntarias que cada ano se prestan a axudarnos así como a colaboración do Concello pondo os medios humanos e materiais precisos para celebrar esta proba. Tamén aquelas empresas que colaboraron con nós como son o Supermercado Froiz, o Ximnasio VYP, o Supermercado DIA, DIFERSA, COCACOLA e Lito Sport, e por suposto a todos os xuíces que un ano máis viñeron de FEGATRI, Polícia e Protección Civil Tomiño, etc.”, valoraron os organizadores.

Pola súa banda, o concelleiro de Deportes, Ismael Troncoso, amosouse moi satisfeito co desenvolvemento de ambas as probas, salientando a deportividade dos participantes e o bo facer dos organizadores, confirmando o apoio total do goberno local ao deporte de base.

Por outro lado, o domingo celebrouse o IV Desafío Terras de Turonio, maratón BTT por parellas organizada por Team Relay (con colaboración do Concello), unha proba non competitiva que tivo dúas modalidades: longa distancia (113 km) e ruta corta individual (67 km)., á que se apuntaron preto de 350 ciclistas de diferentes idades.

Do mesmo xeito que nas edicións anteriores, o punto neurálxico da organización estivo situado na Praza do Seixo, punto de saída e meta, desde o cal os ciclistas deberon afrontar un trazado de 104 quilómetros, polas serras de Argallo e da Groba.

 

Na actualidade, o Desafío Terras de Turonio é a única proba das súas características en Galicia, e tras as súas exitosas primeiras edicións, pasou a ser unha data destacada no calendario a nivel nacional.

A beleza do percorrido e o reto de completar unha proba destas características animou a apuntarse a case 400 deportistas galegos e tamén  varios de Portugal, Castela-León e Asturias, etc.