06 Ago 2015 O Campus de fútbol de Tomiño chega ao seu fin tras dúas semanas de actividades

O Concello de Tomiño ven de celebrar esta fin de semana a clausura do campus de fútbol nas instalacións do campo de fútbol da Carballa. Máis dun centenar de nenos e nenas puideron disfrutar dunha actividade que xa é un referente na comarca.
O campus comezou o pasado día 20 de xullo e a súa actividade desenvolveuse entre o Campo de Fútbol da Carballa (Tomiño) e o do Regatiño (Goián). Os participantes, nenos e nenas de entre 4 e 16 anos, puideron disfrutar dun deporte que conta co maior número de adeptos e do que pudieron coñecer técnicas e tácticas para a súa mellor práctica.
No acto de clausura, os participantes celebrárono cun partido de fútbol. Ademáis contaron coa actuación de animación infantil a cargo do Rey Midas e recibiron un diploma e unha medalla da man da Alcaldesa e do Concelleiro de Deportes.
O Concelleiro de Deportes, Ismael Troncoso, agradeceu o traballo dos coordinadores, e a Alcaldesa destacou que “o Campus de Fútbol de Tomiño tense convertido nunha referencia do deporte de verán a nivel comarcal. Dende o Concello de Tomiño fomentar o deporte é unha prioridade que redunda directamente sobre os hábitos e a saúde dos nenos e nenas do Concello”
O Concello de Tomiño na súa programación de verán inclúe ademáis actividades deportivas como tenis, padel ou piragüismo na que máis de 300 nenos e nenas practican nas súas vacacións escolares.



X