O Concello celebra unha reunión informativa sobre saneamento e depuración de augas na parroquia de Currás

A iniciativa xurde dunha inquedanza rexistrada durante as xuntanzas promovidas polo goberno local en “O Concello Escoita”

 

Cartel saneamento-01O Concello celebra o vindeiro luns, na Casa da Comunidade de Montes de Currás, unha reunión informativa sobre as alternativas existentes na parroquia, no tema de saneamento e depuración de augas.

A iniciativa xurdiu dunha petición veciñal presentada durante as xuntanzas de “O Concello Escoita”, promovidas polo goberno local hai uns meses, co fin de informar á veciñanza sobre as obras realizadas e proxectos previstos para este ano.

 

A reunión terá lugar ás 20.00 horas do vindeiro luns, 29 de maio.