01 Feb 2016 O Concello de Tomiño leva a cabo obras de impermeabilidade na fachada da sede do CRA Manuel Garcés.

As obras veñen a paliar as humidades e filtracións producidas dende a parte superior da fachada e do tellado.

O Concello ademáis está levando diferentes melloras nos centro educativos, entre elas, o peche das futuras pistas de atletismo do CEP Pedro Caselles.

O Concello de Tomiño está levando a cabo melloras no edificio da sede do CRA Manuel Garcés situado no Seixo. As obras veñen a paliar os problemas de humidades e filtracións na parte superior da fachada.
Estos días estase impermeabilizando a fachada e revisando a cuberta do edicifio co fin de solucionar os problemas existentes.
O Concello de Tomiño ademáis, está levando a cabo diferentes melloras nos centros educativos como as obras de peche da futura pista de atletismo do CEP Pedro Caselles.O Concelleiro responsable destas melloras nos centros educativos, Lois Vázquez, destacou “o continuo investimento que se está a levar a cabo nos centros educativos”. Segundo Vázquez “a partida de educación é ademais unha das partidas orzamentarias que se incrementou neste exercicio 2016”.



X