18 Feb 2016 O Concello de Tomiño organiza a II Gala do Deporte este sábado no auditorio de Goián.

A Gala do Deporte premiará aos deportistas tomiñeses nun evento que pretende ser unha festa do deporte.

A gala estará conducida polo presentador da TVG Terio Carrera.

O Concello de Tomiño celebra esta fin de semana a segunda edición da Gala do Deporte. Será un acto no que se recoñeza o traballo dos deportistas tomiñeses no ano 2015.
O concello de Tomiño quere premiar ao deporte tomiñés e por en valor o traballo levado a cabo por clubes e deportivas ao longo da pasada tempada.
Os galardóns e recoñecementos atenderán a varias categorías que van dende mellor evento deportivo a mellor deportista masculino e femenino.
Ademáis, na gala farase un pequeno homenaxe a Lito Oliveira polo súa traxectoria no fútbol de base. Lito Oliveira comezou sendo xogador do Tomiño Fútbol Club, período no que o Tomiño xuvenil se fixo co galardón de campeóns na termporada 1969-1970. Posteriormente formou parte da plantilla do Tomiño Fútbol Club na categoría aficionados. Mais Lito Oliveira a persares de que desenvolveu os seus comezos no Tomiño, é coñecido polo súa traxectoria do Goián Fútbol Club. No Goián foi xogador durante varias tempadas. Posteriomente integrou os diferentes equipos directivos acadando o equipo varios premios. Ademáis, formou parte dos Veteranos de Goián, club que no ano 2012 se fixo co máximo galardón na súa categoría. Participou de forma activa en varios eventos deportivos como o Campus de Fútbol.
A cita co deporte tomiñés seráo sábado ás 20h30 no auditorio de Goián.

5



X