O Concello de Tomiño organiza un concurso de postais entre os maiores do municipio.

No programa de postais participaron os usuarios do Centro de Día, do Residencial de Tomiño e do Programa de Maiores do Concello de Tomiño.

Máis de cincuenta maiores participaron na actividade que facilitou a interacción entre grupos de terceira idade de diferentes centros de benestar do municipio.

O Concello de Tomiño organizou un concurso de postais entre os maiores do municipio. Na actividade participaron usuarios do Centro de Día, do Residencial de Tomiño e do Programa de Maiores do Concello.
Máis de cincuenta maiores participaron na actividade facendo gala das súas destrezas en manualidades. Este proxecto permitiu aos diferentes centros de benestar do municipio traballar nun programa común e que os usuarios e usuarios dos tres poideran interactuar.
Na mañán de hoxe, fíxose entrega dos diplomas dos finalistas e das medallas dos gañadores. Os partipantes acudiron ao Concello onde a Alcaldesa organizou unha recepción e unha pequena merenda conmemorativa.
Ademáis, o encontro serviu para celebrar estas festas e brindar polo novo ano. Os centros que participaron son tres. Por un lado o Centro de Día, situado na Rocha- Tomiño, atende a máis de cincuenta usuarios do municipio e da contorna. É un centro de atención a terceira idade diurno que ademáis conta co servizo de comedor.
Outro dos centros que participou foi o Residencial de Tomiño situado en Vilachán. É unha residencia privada na que residen maiores do concello e da contorna dando servizo a máis de setenta maiores.
E finalmente, o Programa de Maiores organizado polo Concello de Tomiño. Este programa de benestar social impártese no Centro de Recursos para Persoas con Discapacidade Vontade, situado no Barrio da Rocha, en Tomiño. As actividades celébranse dous días a semana e abranguen tres áreas de traballo.
Por un lado, desenvólvense actividades manipulativas, sociais, …a cargo dunha educadora social. Por outro lado, actividades de estimulación cognitiva das que se encarga unha psicopedagoga. E finalmente, un fisioterapeuta encárgase das clases de ximnasia, pilatas e movilización adaptadas.
Os principais obxectivos destas actividades do Programa de Maiores son promover as relacións sociais e a autonomía persoal.
A Alcaldesa de Tomiño, Sandra González, mostrou a súa ledicia pola boa acollida da iniciativa que ten fomentado en positivo as capacidades de comunicación e interactuación entre diferentes centros. Segundo González, “dende o departamento de benestar social temos traballado intensivamente na mellora da calidade dos nosos maiores desenvolvendo programacións inclusivas que favorezan o benestar dos veciños e veciñas como o Programa de Maiores ou este concurso de postais que os visibilizan”



X