25 Nov 2015 O Concello de Tomiño recibe o premio Gran de Area polo proxecto de remodelación do entorno da praza do Seixo.

O Concello de Tomiño ven de recoller o premio Gran de Area que o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia otorgou polo proxecto de remodelación do entorno da Praza do Seixo.
O galardón foi entregado o pasado venres na sede da COAG en Vigo a onde se desprazaron a Alcaldesa de Tomiño, Sandra González, o deputado Uxío Benítez, os arquitectos encargados do proxecto, Perfecto Cendón e Javier Vázquez, e o xerente da empresa constructora, Construccións Castro.
A COAG destacou a gran transformación que supuxo esta obra no casco urbano do Seixo mellorando as calidades espaciais para os veciños, potenciando o comercio local e reordenando o tráfico.

O proxecto deu un tratamento peonill a unha praza que estaba adicada aos vehículos, e tinguiu un espazo adicado ao asfalto por outro repartido nunha zona verde con árbores de folla caduca que cambian a coloración ao longo do ano, e outro diante da Casa Consistorial orientado a actividades representativas, culturais, de ocio e que serve de soporte da feira dos mércores.

A iluminación completamente estructurada e con luminarias led, destacan como elementos no escenario urbano que se adaptan aos diferentes escenarios.

A Alcaldesa de Tomiño, Sandra González, recordou que “este foi un proxecto que contou cunha alta participación dos veciños e veciñas e que ten transformado Tomiño nun lugar novo”. Segundo González “o mercado municipal e a Praza do Seixo son proxectos que camiñan na mesma liña e que ten dado proxección ao Concello fora das nosas fronteiras”.



X