22 Mar 2017 O GDR 14 ADR MAIV BAIXO MIÑO presenta este xoves (23 de marzo), en Nigrán, a convocatoria de axudas do Programa Leader 2014-2020

CONVOCATORIA DE PRENSA

ACTO DE PRESENTACIÓN DA CONVOCATORIA AXUDAS

DO PROGRAMA LEADER 2014-2020

DO GDR 14 ADR MAIV BAIXO MIÑO

DÍA: Xoves, 23 de marzo de 2017

HORA: 11:30

LUGAR: Sala de Plenos do Concello de Nigrán. Concello de Nigrán

 

O vindeiro xoves 23 de marzo de 2017 terá lugar ás 11.30 horas na Sala de Plenos do Concello de Nigrán unha reunión presidida polo alcalde de Nigrán, D. Juan A. González Pérez xunto coa presidenta da Asociación ADR MAIV –Baixo Miño, Dna. Sandra González Álvarez. Participarán  tamén os alcaldes e alcaldesas e o representante da Diputación de Pontevedra D. Uxío Benítez.

Os representantes das entidades locais socias da ADR MAIV Baixo Miño darán a coñecer os medios a nova imaxe corporativa da asociación que xestiona o programa Leader 2014-2020, e se inicia así a campaña divulgativa destas axudas no territorio.



X