28 Abr 2017 O judoka tomiñés Adrián Romero, proclámase campión galego e participa no Nacional con moitas posibilidades

DOUS JUDOKAS TOMIÑESES NO CAMPIONATO GALEGO DE JUDO

O pasado sábado celebrouse en Marín o campionato galego de judo en categoría infantil e cadete no cal participaban os dous irmáns tomiñeses ADRIAN ROMERO e NEREA ROMERO que pertencen ao clube de JUDO BAIXO MIÑO.

ADRIAN, na categoría cadete de -60kg campión da fase provincial e medallista esta tempada en copas de España, presentábase como un dos favoritos ao título, e conseguiu proclamarse CAMPEON GALEGO, demostrando que pode ter unha gran participación no CAMPIONATO DE ESPAÑA, que se celebra en Valencia a semana próxima.

Este mozo judoka combina os seus adestramentos no CGTD de Pontevedra cos do seu club.
A súa irmá, Nerea Romeu, na categoría infantil de -52kg subcampioa da fase provincial, presentábase nesta ocasión cunha pequena lesión que non lle permitíu competir como ela adoita; aínda así conseguiu un meritorio quinto posto.
Ambos os judokas contribuíron con estes resultados a que o seu club quedase primeiro na categoría infantil por clubs, e segundo na categoría cadete por clubs.



X