09 Nov 2016 O judoka tomiñés Brais Pereira Amorín consegue a medalla de ouro no torneo internacional de Avilés

Brais judo 1O judoka tomiñes Brais Pereira Amorín participou no Torneo Internacional de Judo que se celebrou en Avilés (Asturias), conseguindo a medalla de ouro na categoría de -81 kg.  tras gañar todos os seus combates pola máxima puntuación IPPON, demostrando ser un dos mellores judokas nacionais na súa categoría.

Agora espéranlle próximos compromisos, como a súa participación o próximo fin de semana na Copa de España Junior, que se celebra en Amurrio e a Copa de España Senior, que se realiza en Arteixo, no mes de decembro.

Brais Pereira Amorín pertence ao club de JUDO BAIXO MIÑO, aínda que de luns a xoves continúa por terceiro ano consecutivo os seus adestramentos no CGTD de Pontevedra.



X