25 Abr 2017 O pedagogo italiano Francesco Tonucci inaugura mañá o novo salón de actos do Concello de Tomiño

A visita enmárcase dentro dun programa de actividades da Deputación de Pontevedra, a desenvolver entre os meses de abril e xuño de 2017, coa intención de difundir o traballo do pedagogo en toda a provincia

 

Francesco Tonucci, psicopedagogo e debuxante italiano, autor do libro “A cidade dos nenos”, estará mañá en Tomiño para inaugurar oficialmente as obras de reforma levadas a cabo no Salón de Plenos.

A visita enmárcase dentro dun programa elaborado pola Deputación de Pontevedra, con Tonucci como referencia. Concretamente, odepartamento de Mobilidade da Deputación desenvolverá ducias de actividades entre os meses de abril e xuño de 2017, en toda a provincia,coa intención de difundir o traballo do pedagogo, entre profesionais da educación, técnicos de urbanismo, nenos, familias…

 

Programa acto Tomiño:

Día 26 de abril de 2017:

 

12:55 h.

Entrada das/os nenas/os no salón de plenos.

13:00 h.

Recepción de Tonucci na entrada principal.

13:05 h.

Introdución da recepción por parte das autoridades locais.

13:10 h.

Lectura do discurso de benvida, elaborado previamente, polos escolares. Convite para que Tonucci corte a cinta inaugural do salón de plenos.

13:30 h.

Saída á Praza do Seixo, onde se realizará unha interpretación do Himno Galego, para pechar o acto.

 

Máis información:

RESUMO Actividades Deputación

dossier Frato web def

 

 



X