27 Xul 2015 O tomiñés Nando Álvarez seleccionado entre máis de 2.500 escultores para participar nun encontro internacional en China.

O tomiñés Nando Álvarez volve a triunfar na China sendo seleccionado de entre 2.500 escultores de 102 países diferentes para participar nun econtro internacional.
A presencia do escultor tomiñés no continente asiático tense tornado un feito habitual e a súa obra en territorio chino algo recurrente. Nando Álvarez atópase na cidade de Fuzhou, na provincia de Fujian, onde xunto co 24 escutores máis participa nun encontro escultórico. A obra do artista tomiñés engrosará o espazo do parque público da cidade de Fuzhou. A súa obra está realizada sobre mármore branco de 3 m de alto por 2 m de ancho.
Nando Álvarez (Tomiño, 1975) é licenciado en Historia da arte pola Universidade de Santiago de Compostela e dende o ano 2002 percorre o mundo convidado por institucións e sendo seleccionado por concursos, certames e encontros estando a súa obra espallada polos catro continentes.
O artista tomiñés dende moi novo adoleceu dun forte interese pola escultura que lle levou a dende moi xoven traballar no taller do escultor Antúnez Pousa. Ao primeiros pasos, sucedeulle un perfeccionamento na súa técnica que se viu acrecentada da man do Xuxo Vázquez co que iniciou o seu percorrido por encontros internacionais de medio mundo.
Despois da China, Nando Álvarez se deprazará a Turquia, logo a Taiwán e posteriormente a Corea para rematar novamente no país chino en outubro con motivo da Bienal de Pekín. As súa obras, deixan pegada do paso deste tomiñés chamado Nando Álvarez.



X