OMIX

O obxectivo principal da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de Tomiño é impulsar o desenvolvemento da mocidade tomiñesa dende, en e para Tomiño; informar , formar e asesorar a mozos e mozas así como mellorar a calidade do noso servizo para dar unha resposta eficaz ás demandas e necesidades da mocidade tomiñesa.

 

A finalidade da OMIX é polo tanto prestar un servizo permanente de información, asesoramiento e documentación á xuventude do municipio e á mocidade doutras localidades sobre todos os temas que afecten á súa vida cotiá, que sirva aos seus propósitos persoais e favoreza o acceso a diferentes oportunidades

Formación

Anualmente ofertamos unha programación formativa co gallo de favorecer o emprendemento, mellorar a educación, promover a creatividade e propiciar a incorporación ao ámbito profesional. Ademais de cursos tamén organizamos concursos con temáticas diversas.

Cooperación internacional

Entre as iniciativas internacionais xestionadas pola OMIX Tomiño destaca o programa Erasmus+ de acollida e movilidade de voluntariado europeo e proxectos internacionais de intercambio xuvenil. Ademais, a OMIX de Tomiño é oficina Eurodesk, un servizo de información sobre programas e iniciativas europeas.

Asociacionismo xuvenil

A través de asesoramento sobre subvencións e apoio técnico fomentase a participación social da mocidade apoiando ás asociacións xuvenís existentes e asesorando na creación doutras novas. Información Xuvenil

Lecer e tempo libre

A OMIX promove e organiza actividades de lecer infantil e xuvenil adicadas a fomentar a participación social, a aprendizaxe lúdico-educativa e a diversión.

Carnés

Dende a OMIX de Tomiño expídese o carné xove e facilítase información doutros carnés de interese para a mocidade: carné internacional de estudantes e profesorado (ISIC e TEACHER), carné internacional de alberguista…

Voluntariado local

A OMIX de Tomiño é entidade local de voluntariado, pertencente á Xunta de Galicia e ten unha programación anual de actividades de voluntariado levada a cabo por mozos e mozas que participan na súa elaboración, execución e avaliación.

X